Quiero trasladaros en nombre de Anova nuestro deseo de que vuestras conclusiones contribuyan a la unidad de las fuerzas políticas y sociales para enfrentar las agresiones de la plutocracia financiera, provocar la ruptura democrática con el régimen de la IIª Restauración Borbónica y abra el camino a procesos constituyentes en nuestras naciones. Procesos constituyentes que desde Anova entendemos deben basarse en la irrenunciable soberanía nacional entendida como soberanía popular.
Aprovecho para adjuntar la Proposta de Fronte Ampla non excluínte que aprobamos en nuestra Coordinadora Nacional del pasado día 14.
Un saludo fraternal.
Luis Eyre Dieguez
R. N. de Relacións Políticas
Anova - Irmandade Nacionalista
Proposta de Fronte Ampla non excluínte
Compren novas alternativas políticas unha nova ferramenta dos nacionalistas galegos para intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara un novo ciclo político propiciado polo activismo dos cidadáns, É algo polo que en ANOVA andamos a traballar. Hai un ano fixemos unha proposta para este tipo de Fronte Ampla non excluínte, que para ese momento e instancia específica foi AGE.
A crise económica derivada da crise financeira e agravada pola xestión que daquela está a facer a plutocracia e os seus monecos; a crise da UE secuestrada por institucións “tecnocráticas”; a posibilidade da fin da segunda restauración borbónica pola crise do réxime nacido da transición, e os efectos que todo iso ten nas institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega, reclaman que traballemos conbinadamente en todos eses ámbitos.
A aposta do nacionalismo, da esquerda e de calquera demócrata ten que ser por unha creba democrática coa 2ª restauración borbónica, nun proceso protagonizado polos cidadáns e trasladado á instancia política polas forzas rupturistas que realmente conecten con esa cidadanía Na nación galega un proceso constituínte impulsados polos e polas cidadáns galegos pobo soberano e trasladado á instancia política polos nacionalistas e por aquelas forzas que sen selo respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.
No noso País, para a conformación do suxeito político plural, ANOVA propón de novo a unidade de acción do nacionalismo e da esquerda baixo a fórmula da fronte ampla non excluínte co obxectivo de rematar coa II Restauración e abrir paso a un proceso constituínte galego no que a soberanía nacional se exerza polo pobo, soberanía popular.
No estado. Hai que conxugar nese escenario un proceso aberto para as nacións que o compoñen.
Precisamos alianzas coas forzas cívicas e sociais, hai que conectar coa cidadanía e propiciar unha alianza coas forzas rupturistas, para provocar un proceso constituínte (catro en puridade) que pasaría por unhas eleccións non ordinarias senón por unhas de fin de réxime.
A coincidencia das crises do réxime, da autonomía galega e económica abre a posibilidade dunha grande fronte ampla non excluínte pola ruptura democrática, conformada a partires de suxeitos cívico-políticos plurais nas nacións que forman o Estado Español, coa única condición de que fin do réxime político dea paso a procesos constituíntes soberanos en cada unha delas.
As próximas eleccións europeas poderiamos abordalas como unhas eleccións máis para representar a Galiza no Parlamento Europeo mais Anova debe apostar por convertelas nun plebiscito do réxime ou ao menos nun ensaio xeral dunha eleccións para a ruptura democrática.
Baixo estas premisas Anova acorda:
1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista para dialogar e conformar, en estreita alianza coas plataformas e organizacións cívicas, un acordo de unidade de acción para as eleccións europeas baixo a fórmula dunha fronte ampla non excluínte.
2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a democrática real.
Coordinadora Nacional de ANOVA
Galiza a 14 de setembro de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario